Ofertas de ocio de Aldeanova

Ofertas de ocio de Aldeanova

Descarga el folleto aquí.

Xornadas formativas sobre a mel en outub…

Xornadas formativas sobre a mel en outubro

Dúas novas xornadas de formación sobre a mel en Aldea Nova en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA): 25 Outubro (xoes) de 19 a 21...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Servizos Colonias de verán e campos de traballo Novas Campo de traballo de ornitoloxía
Mércores, 04 Maio 2011 13:27

Campo de traballo de ornitoloxía

Datas: do 16 ao 30 de agosto de 2011
Idade: 18 a 24 anos
Lugares: 20
Ámbito: Nacional
Lugar: Aldea Nova (Narón)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Departamento de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia), organiza na segunda quincena de agosto Campo Ornitoloxía Traballo nas instalacións da Aldea Nova.

Contorno

As zonas de Ferrol e Ortegal forman o chamado "Norte da provincia da Coruña." Nesta área, podemos atopar enclaves naturais, tan significativos e importantes como o da Serra Capelada, cos cantís máis altos do mar na xeografía europea, ou os cabos de Ortegal e Estaca de Bares. Esta costa é tamén un espazo natural protexido como LIC Costa Ártabra .
Obxectivos

Obxectivos

Un dos obxectivos do campo de traballo é estudar os procesos ecolóxicos e biolóxicos de aves migratorias no norte da provincia da Coruña, a través da observación directa e os métodos de captura e marcado con especialistas, ao mesmo tempo que os voluntarios e voluntarias intercambian experiencias e actuacións sobre conservación do medio ambiente, o noso patrimonio e desenvolven unha actitude concienciada e participativa cara á solución de problemas ambientais vinculados á conservación da biodiversidade.

Descrición do campo de traballo

Os voluntarios e voluntarias colaborarán en tarefas de identificación e censo de especies de aves acuáticas, terrestres e mariñas nos distintos espazos naturais, anelamento científico de aves migratorias nas zonas húmidas de Pedroso (LIC Castro-Xubia) e na lagoa da Frouxeira (Valdoviño), construción de caixas para niños e comedeiros invernais para aves e manexo de redes xaponesas para anelamento. Tamén colaborarán en tarefas ambientais plantando e sementando árbores e arbustos para a alimentación de aves no inverno.

Actividades complementarias

Actividades propias de ocio e tempo libre: rutas a pé, deportes, talleres, xogos populares
Excursións a zonas de interese natural: Serra da Capelada, Cabo Ortegal, ría de Ortigueira, praias de Valdoviño
Talleres de temática ornitolóxica e faunística: colocación e pregado de redes, identificación de aves, observación de insectos nocturnos e morcegos con ecolocalizador
Outros talleres: achegamento a especies autóctonas, apicultura, agricultura ecolóxica

Aloxamento e manutención

Aloxamento en habitacións de catro prazas (literias) no albergue de Aldea Nova
Alimentación que conterá produtos locais e de cociña tradicional. Haberá menús veganos e vesetarianos para quen o solicite.

Cuota

Setenta e dous euros (72 €) a ingresar na conta de Caixa Nova O.P. Santiago. Conta número: 2080-0355-77-0040033155
Só se devolverá a cuota en caso de suspensión da actividade.

Equipo aconsellable

Útiles de aseo
Saco de durmir e mochila para rutas
Calzado apropiado para camiñar, botas de auga de caña alta (de goma) e calzado deportivo
Roupa: de deporte, bañador, toalla; roupa de abrigo e de auga, roupa de traballo (luvas e gorro)
Recomendable prismáticos e telescopio (se se dispón de el)

Documentación e seguro

Todos os participantes deberán levar DNI e tarxeta sanitaria
Os participantes disporán dun seguro que cobre os accidentes que se puideran producir durante a actividade e a responsabilidade civil que deles se poda derivar.

Contactos

Manuel Martínez: 981 173 691; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
D.X. de Xuventude e Voluntariado: 981 957 057 / 981 544 840
En Facebook; "campos de traballo para a xuventude"
Servicio de Xuventude da Coruña: 881 881 236

Información adicional

Portal
da D.X. de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
Web do Concello de Narón
Web do albergue Aldea Nova
Portal do Plan de Dinaminzación do produto turístico Ferrol-Ortegal
Información da cidade de Santiago, transportes, accesos
Información
da cidade de Santiago, transportes, accesos
Páxina oficial sobre o Camiño de Santiago
Portal de información turística de Galicia
Páxinas con información de transporte desde outras Comunidades Autónomas: Alsa, Avanzabus, Dainco

Novas

  • Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova
    Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova Datos xerais da actividade: Horario e duración.- De 10 a 14 e de 16 a 20 horas (32 horas).   Programa: Sábado, día 12 de…
    Escrito en Mércores, 11 Abril 2012 11:55
  • III Feria de la maquinaria agrícola
    III Feria de la maquinaria agrícola Fechas: 24 y 25 de marzo de 2012 Localización: Recinto feiral do Trece. Sedes. Narón   Organizan e colaboran: Organiza: Concello de Narón.Colaboran: Concellería de…
    Escrito en Xoves, 22 Marzo 2012 14:31
  • Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas.
    Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Lugar.- Parque Temático de Desenvolvimiento Rural “ALDEA NOVA” (Sedes – Narón). Tema.- “Guía de boas…
    Escrito en Luns, 27 Febreiro 2012 08:22
  • Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova
    Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas…
    Escrito en Xoves, 15 Decembro 2011 13:30
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión