Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas.
Lugar.- Parque Temático de Desenvolvimiento Rural “ALDEA NOVA” (Sedes – Narón).
Tema.- “Guía de boas prácticas apícolas”
Relator.- Xesús Asorey Martínez. Biólogo, experto no mundo das abellas.
A tendencia actual do mercado esixe a producción de alimentos inocuos e xenuinos. Si a calidade dun producto relacionase co cumplimento das características esperadas polos consumidores e a incorporación das novas e cambiantes exisencias, para a obtención da mesma deben terse en conta as accións tomadas desde a obtención da materia prima hasta a venda do producto. Estos coidados poden contribuir a abrir novos mercados donde o mel galego sexa recoñecido por suas caracteristicas deferenciais.
Un xeito efectivo de lograr a satisfacción do consumidor e mediante a aplicación de sistemas de aseguramento da calidade, ferramentas indispensables a hora de comercializar un alimento.
Neste sentido a apicultura galega conta cun amplio potencial de crecimento, con claras ventaxas sobor outros tipos de produccións que requiren de distintos tempos e inversións.
En resumen, Galicia ten grandes posibilidades de mellorar seu mercado exterior e posicionarse en segmentos de mercados que adquiren productos con valor agregado e recoñecidos pola sua calidade. O mel, i en xeral os productos derivados da colmea, pode ser un importante medio de xeneración de riqueza e empleo no rural, e con unha estratexia adecuada e consensuada en pouco tempo estos productos Galegos poden lograr un maior privilexio nos mercados.







