Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Que é Aldea Nova?

Que é Aldea Nova?

Aldea Nova é o único espazo aberto e vivo dedicado:

  • ao desenvolvemento rural sostible de Galicia;
  • ao seu estudo, divulgación e experimentación;
  • a fomentar o seu goce por parte dos máis pequenos;
  • a revelar e potenciar os seus recursos gandeiros, agrícolas, forestais, educativos e turísticos;
  • a promover o uso de enerxías renovables e novas tecnoloxías da información;
  • a impulsar, en definitiva, a revitalización social, económica e ambiental desas áreas que, alén do límite das cidades, seguen conservando tanto a esencia da nosa cultura como extraordinarios recursos naturais para o futuro.

Non é un reto pequeno. Tampouco o foi, no ano 2007, a posta en marcha deste innovador proxecto. Para a súa materialización o Concello de Narón contou co apoio da Unión Europea a través dun Plan PRODER.

Visitan anualmente Aldea Nova miles de persoas, no seu tempo de lecer ou de formación. Para todas elas o noso equipo de profesionais deseña constantemente novas propostas de actividades, que a miúdo contan coa colaboración de entidades públicas e privadas de Narón e do resto de Galicia. Confiamos en que che resulten de interese.

Agardámoste en Aldea Nova!

Máis nesta categoría: « Equipo

Actualidade

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión