Descrición e obxectivos
Curso de cría artificial de raíñas eminentemente práctico. Tratará os fundamentos e os obxectivos aplicables a calquera realidade apícola, independentemente da cantidade de colmeas que un posúa ou o sistema de explotación que se empregue.
A selección de caracteres é unha ferramenta indispensable para garantir a viabilidade económica das explotacións apícolas, xa que as raíñas con mellores caracteres fan posible o aumento da produción das colmeas, reducen os custes da produción e melloran as condicións de traballo dos apicultores.
Durante o curso o alumnado consolidará os coñecementos básicos doutras técnicas de bo manexo da explotación apícola, usando a raza autóctona de abella para así conseguir unha apicultura ligada ao medio natural.
Relator
Marcos Varela Lorenzo, enxeñeiro agrícola especializado en apicultura e criador profesional de raiñas
Inscricións
Silvia Cebeira
Teléfonos: 680753084 / 981173691
Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Custe da inscrición
30 €







