Ofertas de ocio de Aldeanova

Ofertas de ocio de Aldeanova

Descarga el folleto aquí.

Xornadas formativas sobre a mel en outub…

Xornadas formativas sobre a mel en outubro

Dúas novas xornadas de formación sobre a mel en Aldea Nova en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA): 25 Outubro (xoes) de 19 a 21...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Novas

As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron hoxe en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana en Aldea Nova.

O programa Ecoescola desenvolverase do 27 ó 30 de decembro no parque temático Aldea Nova. Este programa está pensado para familias “que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos neste periodo de vacacións escolares”, sinalou Mª del Carmen Espada, responsable do mesmo.

Os destinatarios son nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade, e as solicitudes poderán presentarse no Concello de Narón ata mañá dia 18 de decembro. O prezo do programa é de 15€ e inclúe xantar e desprazamento ata Aldea Nova. O Concello oferta un total de 60 prazas (estando reservadas 10 delas para nenas e nenos do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún).

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas “realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura” tal e como indicou a Concelleira de Infancia e Igualdade, Mª del Carmen Espada.

O edil de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou o pasado 16 de decembro a nova imaxe corporativa e páxina web do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova. A noticia foi recollida por diversos medios informativos. Por exemplo:

La voz de Galicia

Diario de Ferrol

Xornal de Galicia

16 de decembro, de 17:00 a 20:00

O próximo 16 de decembro, de 17:00 a 20:00 da tarde, terá lugar nas instalacións de Aldea Nova un curso destinado a obtención do “Carné de Manipulador de Alimentos”, impartido pola empresa CVL Higiene Alimentaria.

Se queres máis información ou desexas inscribirte, chámanos aos números 981 17 36 91 – 680 75 30 84 ou envíanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 

Venres, 10 Decembro 2010 12:07

SENDEIRISMO EN INVERNO

Calza as botas, abrígate ben e prepara a mochila con un rico bocadillo e auga fresca. Xa estás preparado para vir de ruta con nós!

Terra Chá: queixerías e historia
– 19 de decembro. Duración: 8 horas.

Sobrado dos Monxes: o entorno natural do mosteiro
– 9 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Ría de Ortigueira: na procura de lontras  – 16 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Fragas do Eume: o bosque en inverno
– 23 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Se queres máis información ou desexas inscribirte, chámanos aos números 981 17 36 91 – 680 75 30 84 ou envíanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Venres, 10 Decembro 2010 10:01

Noite da luz

O 12 de decembro o padroado da Cultura de Narón celebra a Noite da Luz. Esta actividade, na que participa Aldea nova, consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobor da importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.

O acto consiste nunha comitiva que parte da capela de Sta. Lucía na Feira do 13 en Sedes ata o Monte Esperón, onde se prenden os 12 fachos de 2,5 mtrs de altura dispostos a xeito circular e de outro de 5 , sito no centro do círculo como simbolo das trece parroquias do Concello e do seu compromiso coa defensa do noso patrimonio. Ao seu paso por Aldea Nova, os participantes descansarán a disfrutarán dun caldo galego que lles teremos prepardo.

Venres, 03 Decembro 2010 14:22

Colonias de vacacións de Nadal

23 de decembro ao 10 de xaneiro.

Se tes entre 4 e 12 anos e buscas donde pasar un ou varios días cheos de actividades nestas vacacións de Nadal,  ¡agardámoste en Aldea Nova!

Propiedade do Concello de Narón, as nosas máis de cinco hectáreas inclúen unha área de xogos populares, unha granxa de gando autóctono, unha horta tradicional, unha casa-museo e moitos outros espazos pensados para que goces ao tempo que aprendes.

Non terás que preocuparte da comida. Preparámosche uns menús moi variados e saudables!

Horario: de 8.00 a 17.30. A actividade inclúe un almorzo a media mañá, o xantar e a merenda

Actividade dun día: 20 euros
Actividade de 5 días (de luns a venres): 90 euros

Infórmate no 981173691 (de 08:00 a 15:00 horas)

Prazas limitadas. Grupos de 4 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Consultar dispoñibilidade de autobús.

Xoves, 02 Decembro 2010 09:37

Noite de estrelas en Aldeanova

Sábado 11 de decembro de 2010 19.00 en Aldea Nova: Lagoela s/n, Sedes, Narón.

Aproveita a choiva de estrelas máis importante do ano para divertirte e aprender astronomía: AS XEMÍNIDAS!

  • 19.00 Charla: As estrelas fugaces e outros fenómenos astronómicos.
  • 20.00 Obradoiros: Monta o teu teles! – para aprender a montar un telescopio. ¿Cal é esa constelación? – obradoiro de planisferios celestes.
  • 22.00 Observación de estrelas fugaces, se as nubes nos deixan… Se queres quedar a durmir… temos un acolledor albergue.

Prezo: Actividade: 20 €/persoa. Aloxamento e almorzo: 12 €/persoa. Inscrición (ata o día 9 de decembro): Nos teléfonos 981 17 36 91 – 680 75 30 84 No correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mínimo de participantes: 15 persoas.
No caso de non acadar ese aforo, aprazarase a actividade. Se tes telescopio ou prismáticos, tráeos contigo esta noite!

4
Páxina 4 de 6
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión