Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Instalacións Área de lecer educativo

Área de lecer educativo

En Aldea Nova temos canto precisas para pasar un estupendo día de campo coa túa familia ou amigos. Mesmo dispoñemos dunha campa de deportes e xogos populares de Galicia para que vos poñades a proba.

Área comunitaria e de xogo

Dispón de dúas zonas:

  • Zona de xogos infantís.
  • Zona de descanso con mesas e bancos.

Campo de deporte rural galego e de xogos populares

Para a práctica de xogos físico-deportivos e populares autóctonos, único en Galicia.

Dispón de:

  • Poldros de corte con tronzador e machada.
  • Mesas de pulsado.
  • Pistas de tiro con arco e venablo curto.
  • Pistas de arrastre con corda e de carreiras.
  • Pistas de birlos celtas, chave, ra, zancos, petanca, aros, lanzamento de pedras e madeiras, pancas, etc.
  • Bancadas de espectadores.

Galería de imaxes

Actualidade

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión