Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Instalacións Etnografía e patrimonio cultural

Área de etnografía e patrimonio cultural

Aldea Nova é un espazo museográfico aberto, que se integra na extraordinaria riqueza arqueolóxica e etnográfica do seu contorno para ofrecer aos seus visitantes unha completa panorámica do pasado e a tradición desta bisbarra.

En Aldea Nova podes visitar:

  • Casa-Museo. No seu interior recréase, a partir dunha ampla colección de mobles, obxectos e ferramentas tradicionais, a vida dos habitantes das zonas rurais da bisbarra ata hai non moitos anos.
  • Reprodución ao aire libre dun castro.
  • Reprodución a escala dun túmulo funerario (mámoa) da idade de Bronce, que permite unha visita ao seu interior.
  • Museo ao aire libre de maquinaria agropecuaria tradicional.

E no ámbito de Aldea Nova:

  • Castro de Eiravedra (a 500 m) e Castro da Revolta, Vicás e Pereiruga (a 1 km)
  • Cemiterio prehistórico, con 17 túmulos funerarios (mámoas) de máis de 3000 anos de antigüidade (a 100 m).
  • Dúas capelas e unha igrexa (a 500 m).
  • A antiga localización dun oenach, lugar de reunión intertribal (a 300 m).
  • Monte sagrado: Monte Sal ou Monte Esperón (a 100 m)
  • Rede de trece muíños fluviais (a 1,5-2,5 km).
  • Conxuntos de casas tipolóxicas galegas en O Casal, Lagoela e Pracente (a 300 m).
  • Camiño prehistórico a Santo André de Teixido (acceso a 100 m).
  • Fuente da Moura, con propiedades máxicas e medicinais (a 200 m).
  • Feira agropecuaria quincenal "do 13" (a 200 m).

Galería de imaxes

Actualidade

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión