Ofertas de ocio de Aldeanova

Ofertas de ocio de Aldeanova

Descarga el folleto aquí.

Xornadas formativas sobre a mel en outub…

Xornadas formativas sobre a mel en outubro

Dúas novas xornadas de formación sobre a mel en Aldea Nova en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA): 25 Outubro (xoes) de 19 a 21...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Instalacións Área natural

Área natural

O noso contorno acolle algúns dos espazos naturais de maior interese do noroeste galego, para os cales deseñamos diferentes itinerarios guiados, adaptados ás necesidades de cada grupo. Todos eles son lugares de grande valor ecolóxico, con múltiples oportunidades para a observación da fauna e a flora, e sitúanse a menos de 1 hora en automóbil de Aldea Nova:

Lagoa da Frouxeira e praia de Valdoviño

Lagoa da Frouxeira e praia de Valdoviño

A 4 km.

Extensa lagoa litoral, protexida do mar por un grande sistema dunar modelado polo vento. A lagoa é fogar de centos de aves acuáticas, adquirindo relevancia como punto de “parada e fonda” durante as migracións de limícolas. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Costa Ártabra" e na Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) "Costa de Ferrolterra - Valdoviño", e polo tanto da Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Encoro das Forcadas

A 6 km.

Este encoro é un interesante refuxio de diferentes especies de parrulos. Nel que adoita observarse con facilidade á londra.

Río Xuvia e serra do Forgoselo

Río Xuvia e serra do Forgoselo

A 3,5 km

Extenso tramo do río Xuvia cun importante bosque de ribeira, doado de percorrer polos seus numerosos sendeiros. Ao seu paso polo lugar de Pedroso, o Concello de Narón mantén unha ampla zona de lecer que conta ademais cun cámping e un muíño tradicional musealizado. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Xubia-Castro”, ao igual que a máis afastada serra do Forgoselo, caracterizada polas súas brañas, piñeirais silvestres, lobos e néboas.

Río Belelle

A 10,5 km

A súa fervenza é un dos recunchos máis fermosos da bisbarra: o río Belelle precipítase máis de 50 m nunha grande poza rodeada de carballos e castiñeiros.

Lagoa e praia de Doniños

A 20 km

Rodeada por un denso cinto de vexetación acuática, a lagoa de Doniños protéxese do mar polas dunas da praia do mesmo nome. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Costa Ártabra" e polo tanto da Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Fragas do Eume

Fragas do Eume

A 30 km

Un dos derradeiros grandes bosques atlánticos europeos situados xunto ao litoral, augas arriba de Pontedeume. Constitúe un importante refuxio de diversas especies de fentos presentes en poucs lugares planeta. É Parque Natural e forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Fragas do Eume".

Ría de Ortigueira

Ría de Ortigueira

A 40 km

Esteiro de extraordinaria beleza e riqueza en biodiversidade. Destacan as súas poboacións de aves acuáticas invernantes e migradoras. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Ría de Ortigueira e Ladrido", humidal tamén protexido polo Convenio de Ramsar.

Serra da Capelada

Serra da Capelada

A 28 km.

Os máis de 600 m de altura sobre o mar converten aos seus acantilados nos máis altos da Europa continental. Os seus cumios acollen algunhas especies de plantas case únicas. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Costa Ártabra" e da Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Estaca de Bares

Estaca de Bares

A 62 km

A partir de finais de verán, e ata ben entrado o inverno, pasan fronte a esta punta centenares de milleiros de aves mariñas cara ao sur. É un dos espectáculos máis sobresaíntes da natureza galega. O propio cabo é un lugar de grande interese etnográfico e natural, e forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Estaca de Bares" e polo tanto da Rede Natura 2000.

Ría do Burgo

Ría do Burgo

A 50 km

En poucos outros lugares de Galicia é posible observar desde tan preto ás aves acuáticas silvestres. E iso, a pesar de estar situado no corazón dunha área densamente poboada, moi preto da cidade da Coruña.

 

Terra Chá

Terra Chá

A 64 km

Esta emblemática e chaira bisbarra do centro de Lugo alberga algúns dos ecosistemas máis escasos de Galicia, entre eles varios humedais de interior cunha notable vexetación. O mazarico real ten aquí unha das súas poucas áreas de cría en España.

Ademais, dispoñemos de dous privilexiados miradoiros sobre o golfo Ártabro

  • Miradoiro do monte Esperón, na propia Aldea Nova, a 300 m de altitude, con vistas nocturnas do faro da Torre de Hércules e da lagoa e praia da Frouxeira.
  • Miradoiro do monte dos Nenos, a 366 m de altitude, e con vistas de todas as rías do golfo Ártabro. Está a só 400 m de Aldea Nova.

Galería de imaxes

Novas

  • Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova
    Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova Datos xerais da actividade: Horario e duración.- De 10 a 14 e de 16 a 20 horas (32 horas).   Programa: Sábado, día 12 de…
    Escrito en Mércores, 11 Abril 2012 11:55
  • III Feria de la maquinaria agrícola
    III Feria de la maquinaria agrícola Fechas: 24 y 25 de marzo de 2012 Localización: Recinto feiral do Trece. Sedes. Narón   Organizan e colaboran: Organiza: Concello de Narón.Colaboran: Concellería de…
    Escrito en Xoves, 22 Marzo 2012 14:31
  • Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas.
    Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Lugar.- Parque Temático de Desenvolvimiento Rural “ALDEA NOVA” (Sedes – Narón). Tema.- “Guía de boas…
    Escrito en Luns, 27 Febreiro 2012 08:22
  • Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova
    Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas…
    Escrito en Xoves, 15 Decembro 2011 13:30
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión