Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Instalacións Albergue e comedor

Albergue e comedor

No noso albergue, situado ao pé da histórica ruta a Santo André de Teixido (onde "vai de morto quen non foi de vivo"), tes canto necesitas para pasar un ou varios días. Dispoñemos de capacidade para 44 persoas repartidas en 10 cuartos de 4 liteiras cada unha e maís as duas habitacións dobres. Todas elas dan a un grande adro cuberto e luminoso de 150 m². Os servizos, aseos e duchas son comunais e habilitados para discapacitados.

Na nosa cociña, ademais, preparámosche os pratos que mellor se adapten ás túas necesidades, sempre con produtos da terra. Podemos preparar un menú para 150 comensais!

Aldea Nova é unha excelente base de operacións desde a que planificar excursións dun día a diferentes destinos do noroeste de Galicia. A menos dunha hora de distancia en automóbil espéranche algunha das paisaxes máis emblemáticas deste recuncho de Europa.

Galería de imaxes

Actualidade

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión