Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Instalacións Agropecuaria, forestal e desenvolvemento rural

Área agropecuaria, forestal e desenvolvemento rural

O noso terreo acolle cabanas gandeiras de diversas razas autóctonas de Galicia, nalgúns casos ameazadas de extinción. Ademais, na nosa horta e invernadoiro cultivamos numerosas variedades tamén propias do país. Un arboreto botánico e unha aula apícola completan un conxunto de instalacións único.

É un espazo interactivo de xestión do coñecimento aplicado: preparamos multitude de actividades pedagóxicas, lúdicas e formativas vinculadas a estes espazos:

  • Cortes de gando autóctono, dotados de medios auxiliares e valados de pastoreo libre. En Aldea Nova conviven vacas cachenas, cabalos de pura raza galega, porcos celtas, ovellas galegas, e galiñas piñeiras e de Mos, así como o can palleiro.
  • Na horta, con árbores froiteiras e invernadoiro ecolóxico, traballamos con técnicas agrarias ecolóxicas, e con fertilización e compostaxe orgánica, que ofrecen a posibilidade de aprender en vivo os principios da agricultura biolóxica, a compostaxe, a creación de bancos de sementes autóctonas, etc. Actualmente estamos a crear unha completa colección de especies hortícolas europeas. Os nosos visitantes poden colaborar en tarefas de mantemento e de aproveitamento de cultivos e alimentos.
  • Apiario ecolóxico, integrado por dez colmeas e un espazo de traballo e de formación. Estas contan con colmeas movilistas de cristal e madeira para estudar e manexar as abellas, incidindo na creación de núcleos e no procesamento do mel e a cera.
  • Arboreto catalogado e sinalizado. Inclúe máis de 100 especies arbóreas e arbustivas propias dos bosques galegos e europeos.

Galería de imaxes

Actualidade

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión