Ofertas de ocio de Aldeanova

Ofertas de ocio de Aldeanova

Descarga el folleto aquí.

Xornadas formativas sobre a mel en outub…

Xornadas formativas sobre a mel en outubro

Dúas novas xornadas de formación sobre a mel en Aldea Nova en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA): 25 Outubro (xoes) de 19 a 21...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)

Axenda

  • Ofertas de ocio de Aldeanova
    Ofertas de ocio de Aldeanova

    Descarga el folleto aquí.

  • Xornadas formativas sobre a mel en outubro
    Xornadas formativas sobre a mel en outubro

    Dúas novas xornadas de formación sobre a mel en Aldea Nova en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA):

    25 Outubro (xoes) de 19 a 21 horas.- Novo etiquetaxe de Producción Primaría - Marcos Varela Lorenzo - Enxeñeiro agricola de Lugo. Técnico designado por AGA para arranxar este tema coa administración.

    30 Outubro (martes) de 19 a 21 horas.- Observatorio apícola - Evolución da apicultura nos derradeiros anos. Xesús Asorey Martinez. Biologo y consultor apícola de Compostela.

Aloxamento rural

alojamiento-rural

Aldea Nova pon á túa disposición as súas infraestruturas, independentemente da realización de actividades...

Ler máis

Colonias de verán

colonias-de-verano

Durante o verán, os nenos e nenas poden gozar das súas vacacións nas colonias e campos de traballo que organizamos en Aldea Nova ...

Ler máis

Visitas escolares

visitas-escolares

Deseñamos un amplo abano de unidades didácticas que responden ás necesidades dos centros escolares de todos os niveis...

Ler máis

Eventos

eventos

Aldea Nova é ideal para a realización de eventos relacionados coa sustentabilidade, a cultura tradicional galega ...

Ler máis

Roteiros e natureza

Roteiros e actividades na natureza

Roteiros que te achegan ás extraordinarias paisaxes do noso contorno, que acollen multitude de puntos de interese natural ...

Ler máis

Cursos e xornadas

cursos-y-jornadas

Un dos nosos obxectivos é a formación de profesionais do medio rural, e de todo o relacionado coa filosofía deste equipamento ...

Ler máis
Mércores, 11 Abril 2012 11:55

Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova

Datos xerais da actividade:

Horario e duración.- De 10 a 14 e de 16 a 20 horas (32 horas).  

Programa:

Sábado, día 12 de maio.- Producción de meles monoflorais.

Relator.- Xosé Manuel Docampo. Apícultor profesional das Rías Baixas, especializado en meles monoflorais.

Sábado, día 19 de maio.- Producción e procesado de pole e própole.

Relator.- Xosé Fernández Fernández. Apicultor profesional de Celanova (Ourense).

Sábado, día 26 de maio.- Selección e multiplicación do apiario.

Relator.- Marcos Varela Lorenzo. Enxeñeiro agrícola, profesional especializado na cría e selección de raiñas, con criadeiro en Outeiro de Rei (Lugo).

Domingo, día 3 de xuño.- Boas prácticas sanitarias. Detección e gratamente das doenzas.

Relator.- Antonio Gómez Pajuelo. Biologo e Consultor Apícola de Castellon.

Estas xornadas serán teórico-prácticas. 

Para inscripcións.- Aldea Nova e Asociación Galega de Apicultura “AGA” –Delegación Ferrolterra (tlfno.: 981 320 798). Actividade gratuita.

Xoves, 22 Marzo 2012 14:31

III Feria de la maquinaria agrícola

Fechas:

24 y 25 de marzo de 2012

Localización:

Recinto feiral do Trece. Sedes. Narón

 

Organizan e colaboran:

Organiza: Concello de Narón.
Colaboran: Concellería de Formación Laboral e Emprego. Turismo. Feiras e Mercados

Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas.

Lugar.- Parque Temático de Desenvolvimiento Rural “ALDEA NOVA” (Sedes – Narón).

Tema.- “Guía de boas prácticas apícolas”

Relator.- Xesús Asorey Martínez. Biólogo, experto no mundo das abellas.

A tendencia actual do mercado esixe a producción de alimentos inocuos e xenuinos. Si a calidade dun producto relacionase co cumplimento das características esperadas polos consumidores e a incorporación das novas e cambiantes exisencias, para a obtención da mesma deben terse en conta as accións tomadas desde a obtención da materia prima hasta a venda do producto. Estos coidados poden contribuir a abrir novos mercados donde o mel galego sexa recoñecido por suas caracteristicas deferenciais.

Un xeito efectivo de lograr a satisfacción do consumidor e mediante a aplicación de sistemas de aseguramento da calidade, ferramentas indispensables a hora de comercializar un alimento.

Neste sentido a apicultura galega conta cun amplio potencial de crecimento, con claras ventaxas sobor outros tipos de produccións que requiren de distintos tempos e inversións.

En resumen, Galicia ten grandes posibilidades de mellorar seu mercado exterior e posicionarse en segmentos de mercados que adquiren productos con valor agregado e recoñecidos pola sua calidade. O mel, i en xeral os productos derivados da colmea, pode ser un importante medio de xeneración de riqueza e empleo no rural, e con unha estratexia adecuada e consensuada en pouco tempo estos productos Galegos poden lograr un maior privilexio nos mercados.

Xoves, 15 Decembro 2011 13:30

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos!

Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e persoas maiores.

Dirixido a: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, e avoas e avós de todas as idades.

Datas: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro.

Lugar: PTIDR Aldea Nova

Horarios: saídas de bus ás 09:30, e volta ás 13:30.

Inscrición: no Rexistro Xeral do Concello de Narón.

Máis información: Servicio Sociocomunitario Municipal: 981337700 – extensión 1113

Organiza: Concellaría de Promoción Social e Igualdade do Concello de Narón

Transporte: Habilitaranse dúas rutas diferentes de bus, con saída as dúas ás 09:30 desde Casa da Mocidade de A Gándara e o colexio de San Mateo. As súas rutas son:

Ruta 1: Casa da Mocidade de A Gándara – A Solaina, polideportivo Xcampo da Serra – Alto, Concello de Narón – Piñeiros, Centro Cívico – Xuvia, Praza do Colexio.

Ruta2: colexio de San Mateo – O Val, Cooperativa – San Xiao, chalet de Cabezas – Castro, O Paraxe – Doso, Igrexa – Pedroso, Igrexa – Sedes, Centro Cívico.

Apuntádevos!

Así é como recolle a noticia La Voz de Galicia:

La Feira do Mel de Narón repite éxito y podría pasar a celebrarse dos veces al año

La Voz de Galicia, 31/10/2011

La décimo primera edición de la Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos celebrada ayer en Narón repitió éxito un año más, según los organizadores. María del Mar Gómez, impulsora de la cita, afirmó que entre 2.000 y 2.500 personas pasaron ayer en algún momento de la jornada por el recinto municipal de O Trece, en la parroquia de Sedes, para adquirir algún producto o interesarse por el sistema de elaboración de la miel.

En la muestra participaron una treintena de productores ecológicos llegados de distintos rincones de la comunidad, aunque los apicultores, tal y como explicó María del Mar Gómez, procedían mayoritariamente de la comarca. «Los productores se fueron muy contentos, porque vendieron mucho y de hecho nos pidieron si podíamos hacer la feria dos veces al año. Lo pensaremos, pero posiblemente sea así», afirmó. Además de la miel, en O Trece se podían adquirir ayer verduras, legumbres, futos, lácteos, huevos, carnes y hasta cosméticos realizados de forma ecológica.

Talleres infantiles

Los más pequeños también pudieron disfrutar de los talleres realizados por los apicultores para enseñarles cómo podían llevar a cabo distintas manualidades con cera.

Como complemento a la feria, el viernes se celebraron unas jornadas para productores de miel.

Martes, 11 Outubro 2011 13:33

Feira do Mel e os Productos Ecolóxicos

Organizada por el Ayuntamiento de Narón, el PTIDR Aldea Nova, la empresa Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. y con la colaboración de la Asociación Gallega de Apicultura la Feria do Mel e os Productos Ecolóxicos alcanza su undécima edición.

Las instalaciones municipales en la Feria do Trece albergarán en esta undécima edición a más de una treintena de productores ecológicos venidos de todos los rincones de Galicia, que exhibirán y venderán verduras, legumbres, frutas, lácteos, huevos, carnes, dulces, miel, algas o cosméticos.

Los actos se desarrollarán entre las 10 y las 14 y las 16 y las 20 horas del domingo en las naves ganaderas do Trece. A lo largo de esas horas los visitantes podrán visitar (a cubierto) la rica oferta de los puestos de venta y disfrutar de una degustación de queso y pan ecológicos con miel de la zona.

Como en ediciones anteriores, también habrá una espacio especialmente destinado a la formación de los apicultores, con tres interesantes charlas programadas impartidas por destacadas figuras de talla internacional.

CHARLAS PARA APICULTORES

VENRES, 4 NOVEMBRO, 18 HORAS

• Relator.- Ángeles Fernández Sánchez

• Relatorio.-“Produción primaria. Nova etiquetaxe para comercialización do mel”

• Contido.- Veterinaria especializada na lexislación vixente sobre etiquetaxe de alimentos.

VENRES, 4 NOVEMBRO, 19 HORAS

• Relator.- Marcos Varela Lorenzo, enxeñeiro agrónomo, especializado no mundo das abellas.

• Relatorio.- “Apuntamentos sobre o manexo apícola”.

• Contido.- Visitas de control, colonias de apoio, control do vigor, rexeitadores, sopradores, trampas para a avespa velutina, etc.

SABADO, 5 NOVEMBRO, 10:30 HORAS

• Relator.- Javier Goyanes, prospector xeobiolóxico e apicultor.

• Relatorio.- “A xeobioloxía aplicada á apicultura”.

• Contido.- Nocións básicas de como e onde instalar adecuadamente as colmeas. Realizarase unha charla introdutoria e posteriormente prácticas na alvariza de Aldea Nova.

Con estos ingredientes, la Feria pretende un año más convertirse en un escaparate para los productores ecológicos gallegos, y en un referente para el creciente número de compradores y clientes que demandan productos que compatibilicen propiedades organolépticas superiores y alimentos más saludables, en el marco de un desarrollo sostenible y respetuoso con el medio ambiente.

Se eres o responsable dun centro educativo, asociación, colectivo, etc, xa podes ponerte en contacto con Aldea Nova para reservar as datas da túa visita durante o curso que acaba de comezar. Temos preparada un variado menú de actividades pedagóxicas e lúdicas para as nenas e nenos de todas as idades, todas elas en plena natureza e dirixidas por educadores profesionais.

Máis información en:

http://aldeanova.es/contacto.html

O Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova acolleu do 16 ao 30 de agosto un Campo de Traballo adicado ao estudo das aves e os seus hábitats. Un total de 20 voluntarias e voluntarios de toda España participaron nesta actividade, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e o Concello de Narón.

Foron obxectivos deste Campo de Traballo estudar tanto os procesos ecolóxicos e biolóxicos de aves migratorias no norte da provincia da Coruña, como o intercambio de experiencias e actuacións sobre conservación do patrimonio natural, así como o desenvolvemento dunha actitude concienciada e participativa cara á solución de problemas ambientais vinculados á preservación da biodiversidade.

Os voluntarios e voluntarias colaboraron en tarefas de identificación e censo de especies de aves acuáticas, terrestres e mariñas en distintos espazos naturais. Tamén en sesións de anelamento científico de aves migratorias, ou de construción de caixas para niños e comedeiros invernais para aves. Noutras xornadas, desenvolveron tarefas ambientais plantando e sementando árbores e arbustos para a alimentación de aves no inverno ou mesmo fabricando unha charca de auga doce.

Estas actividades complementaronse con rutas a pé, deportes, talleres, xogos populares, e excursións a zonas de interese natural, así como con obradoiros de temática ornitolóxica e faunística, que incluiron desde a observación de insectos nocturnos e morcegos ata o achegamento ás especies autóctonas, a apicultura, ou a agricultura ecolóxica.

Na tarde do próximo sábado 9 de Xullo celebraremos en Aldea Nova un curso de adestramento de Can de Palleiro. Consistirá en clases teóricas e prácticas sobre o adestramento básico destes cans, e outras razas. Será impartido polo experto en educación canina Octavio Villazala Roca, coñecido po las suas intervencions en programas de radio e televisión.

Animádevos a vir cos vosos cans, sexa ou non palleiros! Gustosamente Octavio Villazala resolverá cantas dúbidas teñades.

Máis de 400 persoas participaron o fin de semana do 11 e 12 de xuño na II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática, celebrada en Sedes e organizada polo Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para la Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, coa colaboración das Concellerías de Turismo e Medio Ambiente. A esa cifra hai que sumar os numerosos visitantes que pasaron pola feira e percorreron os stands de diferentes empresas e colectivos.

Entre as actividades organizadas destacaron os dous días de conferencias sobre bionstrucción e enerxías limpas, e os obradoiros de construcción con barro, construcción con palla, radiestesia e cociña con fornos solares, entre outros.

O resultado das enquisas repartidas entre os participantes demostraron unha valoración moi positiva do interés da feira, as súas actividades e a súa organización.

As empresas participantes foron:

Arquitectos Sen Fronteiras - traballos de cooperación en Guatemala.
Casadobe - Estudio arquitectura e aplicadores de Biocell. (hacer sólo una, otra es ponente)
Calpor Argamasas – suministro materiais ecolóxicos e bioconstructores
Casal 18 – turismo ecolóxico
Centro Dharma Ferrol - asesoría en Feng Shui
Depao Bioconstrucción, S.L. – rehabilitación e bioconstrucción.
Finca Laxe productos ecolóxicos - suministrador balas de palla para construcción.
Galicia Geotérmica - instalador enerxías renovables
GSM Servizos - bioconstrucción e permacultura. Recuperación estructuras metálicas
Guido Tomasini - bioconstructor artesano en rehabilitación con barro
Librería Formatos - librería especializada en libros técnicos, exposición de libros de bioaquitectura e enerxías renovables.
Obrabío, S.L. – bioconstrucción e asesoría en Feng Shui
Pintor de Quins – representante de pinturas BIOFA en Galicia
Red de Construcción con Paja
Tömmer Ingeniería y Bioarquitectura de Madera - estructuras de madeira
Vencor Ventanas y Galerías, S.L.- ventanas e galerías de madeira, casas de madeira completas.

Martes, 28 Xuño 2011 09:26

Xornadas Apícolas en Aldea Nova

Os próximos días 7 e 8 de xullo desenvolveranse no P.T.I.D.R. Aldea Nova – Rio Xuvia unhas interesantes xornadas apícolas en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, e organizadas coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Narón.

Xoves, 23 Xuño 2011 08:32

Campamento de surf en Pantín

O Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia, do Concello de Narón, colabora este verán con Pantín Surf Camp na organización dun campamento de surf para nenos e nenas a partir de 7 anos.

O pasado sábado, 4 de xuño, un grupo da Asociación de Veciños do Alto do Castaño colaborou na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Primeiro en tren entre o Alto e o apeadeiro de Pedroso e logo camiñando ata a Área Natural do río Xuvia, os participantes chegaron ata a beira do río. Alí contribuiron a mellorar o seu contorno plantando tres árbores, tres abeleiras e realizando diferentes actividades de educación ambiental. Grazas polo voso esforzo e colaboración.

No último día de maio, as cortes de Aldea Nova recibiron a visita dos máis pequenos do Colexio Santiago Apóstol de Narón. Como case sempre o carneiro Breogán foi un dos protagonistas. Pero neste ocasión tiña competidores: os pequenos cordeiros, entre os que está Pimpa e que se deixan achegar sen problema. Logo continuaron vendo as vacas, os pavos, as galiñas, os cabalos... E logo unha sesión de planetario.

Datas: verán 2011 (xuño, xullo e agosto)
Lugar: Aldea Nova
Idades: de 4 a 12 anos

Mércores, 01 Xuño 2011 15:20

Pola beira do Xubia

Aproveitando o bo tempo, alumnos de Educación Secundaria do IES As Telleiras de Narón percorreron as beiras do río Xuvia. Descubriron por que este río e o seu contorno forman parte do espazo natural protexido LIC Xubia-Castro, da Rede Natura europea. O camiño trancurriu entre a Ponte de Xuvia e a área recreativo de Pedroso, pasando por lugares como a Presa do Rei, Gradaille, o río Castro... Un paseo no que descubriron moitas cousas novas grazas aos guías de Aldea Nova.

Datas: segunda quincena de xuño
Horario: de 18:00 a 21:00 h
Lugar: Aldea Nova

Luns, 23 Maio 2011 18:09

Xornadas Técnicas Forestais

Datas: venres de maio e xuño de 2011
Horario: 19:00 h
Lugar: Aldea Nova
Entrada: libre

Venres, 20 Maio 2011 13:16

Curso de cría e selección de raíña

Datas: sábados 11, 18 e 25 de xuño de 2011
Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Lugar: Aldea Nova
Prezo: 30 €

50 alumnos de 3 a 5 anos do colexio Monte Caxado das Pontes descubriron un mundo arredor do pan. Na área recreativa natural do río Xuvia Susana amosoulles como se fai o pan, a partir da fariña. Viron por dentro o muíño de Pedroso e aprenderon con Silvia como funciona: as canles, as moas, as moegas... E aínda tiveron tempo de xogar con María, xogos de natureza e medio ambiente a carón do río Xuvia, un espazo natural protexido.

Corenta pequenos de 3 anos do colexio Isidro Parga Pondal, de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña) atrevéronse coas actividades propostas polos educadores de Aldea Nova. Percorreron as súas instalacións, con especial interese nas cortes e no apiario, no que probaron os traxes de apicultor. Remataron cun taller de comida no que elaboraron as súas propias brochetas de froita. Que boa pinta! Grazas chicos e profes pola vosa visita.

Datas: 11 e 12 de xuño de 2001
Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes, Narón)

Na primavera Aldea Nova non ten descanso. O pasado xoves, cinco de maio, visitounos o colexio Compañía de María de Ferrol. Ademais de visitar todas as nosas instalacións, detivéronse a recoller plantas aromáticas coas que facer saquiños de olores naturais que levaron para o seu colexio. Coa axuda dos monitores, aprenderon o xeito tradicional de amasar e cocer o pan no forno do alpendre. Motias grazas aos profesores e aos rapaces polas sensacións que nos deixaron.

Mércores, 04 Maio 2011 13:27

Campo de traballo de ornitoloxía

Datas: do 16 ao 30 de agosto de 2011
Idade: 18 a 24 anos
Lugares: 20
Ámbito: Nacional
Lugar: Aldea Nova (Narón)

El Diario de Ferrol se ha hecho eco de la celebración de la Ecoescola de Semana Santa en Aldea Nova con la siguiente noticia:

A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) celebrou en Narón a inauguración das áreas de servizo.

El pasado 22 de marzo un equipo de la Televisión de Galicia, del programa O Agro, se desplazó hasta Aldea Nova para grabar el reportaje que podéis ver aquí.

Datas: do 18 ao 20 de marzo
Lugar: concello de Narón
Organiza: Centro Galego de Música Popular “ Central Folque” en colaboración co Padroado de Cultura de Narón

O obradoiro tivo lugar nas instalacións de Aldea Nova, así como en espazos naturais cercanos, aos que os participantes se desprazaron para aplicar as técnicas aprendidas

Oriol Alamany, un dos máis prestixiosos fotógrafos da natureza do noso país, foi o encargado de impartir este primeiro obradoiro de fotografía da natureza. Durante os días 11, 12 e 13 de marzo os participantes alternaron sesións teóricas e prácticas sobre equipos e materiais, técnicas de fotografía, retoque básico de imaxes, etc. Un dos lugares escollidos para a práctica foi o contorno do faro de Punta Frouxeira (Valdoviño). De regreso en Aldea Nova, en cada sesión compartiuse a experiencia vivida, fixéronse axustes ás fotografías e comentáronse os resultados.

O fin de semana do 12 e 13 de marzo celebrouse no recinto feiral do Trece (Sedes, Narón) a II Feira da mauinaria agrícola e árbores froiteiras e ornamentais.

Luns, 14 Marzo 2011 10:53

Concluíu a Ecoescola de Entroido

Durante os tres días de vacacións escolares de Entroido, dezaséis rapaces e rapazas do concello de Narón participaron na ecoeslada de Aldea Nova.

Fechas:

12 e 13 de marzo de 2011

Localización:

Recinto feiral do Trece. Sedes. Narón.

O planetario móbil de Aldea Nova segue visitando diferentes centros educativos do Concello de Narón. Na última semana de febreiro os educadores desplazáronse ata o CEIP A Gándara. Alumnos de infantil atenderon e participaron das explicacións dos nosos monitores.

Fechas:

Martes 1, 8,15, 22 y 29 de marzo

O pasado 2 de xaneiro o diario "El País" adicou unha páxina enteira a Aldea Nova

Datas:

11, 12 e 13 de marzo de 2011

Ofrécese un segundo turno, do 3 ó 5 de xaneiro. As inscripcións poden realizarse no Concello ata o 27 de decembro.

Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Ensino e Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, informou hoxe da ampliación do programa Ecoescola ós primeiros días do ano 2011. Inicialmente, o Concello de Narón tiña convocado este programa de actividades medioambientais en Aldea Nova do 27 ó 30 de decembro de 2010, pero ante a existencia de prazas libres decidiuse amplialo ós días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2011.

Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro. O programa Ecoescola está dirixido a familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas en períodos de vacacións escolares do Nadal.

O prezo do programa é de 15 euros, e inclúe o xantar e o desprazamento ó parque temático integral do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Existen unha serie de prazas reservadas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún.

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura, o que lles permitirá adquirir novos coñecementos de xeito divertido.

Relación de actividades incluídas na Ecoescola do Nadal 2010:

  • Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas)
  • Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñas na cociña solar, facer motores…)
  • Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…)
  • Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e obradoiros de pegadas dos animais)
  • Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)
  • Supervivencia (saber orientarse no medio físico)
  • Cometas (aprender a facer cometas)
  • Gandeiría (coñecemento e coidado dos animais de granxa)
  • Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo)
  • Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)
  • Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques…)
  • Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)
  • Candeas (realizar velas con paneis de abellas) .Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)

15 profesionais obtiveron o “Carné de Manipulador de Alimentos” no curso organizado a semana pasada por Aldea Nova, e impartido por unha entidad de formación autorizada.

O concellal de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, anunciou o 21 de decembro que o Concello prevé inaugurar a próxima primaveira o edificio de aulas do parque temático de Aldea Nova.

As obras se materializarán con cargo a unha axuda procedente do Plan Feder, completada gracias a unha partida da administración local. A inversión prevista supera os 646.000 euros. En Aldea Nova poden verse xa os cimentos deste edificio de aulas. A súa estructura levantarase nos próximos días, tal e como indicou o edil de Urbanismo.

Ramos aludiu á importancia de finalizar os traballos a principios da próxima primaveira, por ser a época do ano na que as instalacións rexistran unha maior afluencia de público, según indicou.

As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron hoxe en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana en Aldea Nova.

O programa Ecoescola desenvolverase do 27 ó 30 de decembro no parque temático Aldea Nova. Este programa está pensado para familias “que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos neste periodo de vacacións escolares”, sinalou Mª del Carmen Espada, responsable do mesmo.

Os destinatarios son nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade, e as solicitudes poderán presentarse no Concello de Narón ata mañá dia 18 de decembro. O prezo do programa é de 15€ e inclúe xantar e desprazamento ata Aldea Nova. O Concello oferta un total de 60 prazas (estando reservadas 10 delas para nenas e nenos do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún).

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas “realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura” tal e como indicou a Concelleira de Infancia e Igualdade, Mª del Carmen Espada.

O edil de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou o pasado 16 de decembro a nova imaxe corporativa e páxina web do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova. A noticia foi recollida por diversos medios informativos. Por exemplo:

La voz de Galicia

Diario de Ferrol

Xornal de Galicia

16 de decembro, de 17:00 a 20:00

O próximo 16 de decembro, de 17:00 a 20:00 da tarde, terá lugar nas instalacións de Aldea Nova un curso destinado a obtención do “Carné de Manipulador de Alimentos”, impartido pola empresa CVL Higiene Alimentaria.

Se queres máis información ou desexas inscribirte, chámanos aos números 981 17 36 91 – 680 75 30 84 ou envíanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 

Venres, 10 Decembro 2010 12:07

SENDEIRISMO EN INVERNO

Calza as botas, abrígate ben e prepara a mochila con un rico bocadillo e auga fresca. Xa estás preparado para vir de ruta con nós!

Terra Chá: queixerías e historia
– 19 de decembro. Duración: 8 horas.

Sobrado dos Monxes: o entorno natural do mosteiro
– 9 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Ría de Ortigueira: na procura de lontras  – 16 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Fragas do Eume: o bosque en inverno
– 23 de xaneiro. Duración: 8 horas.

Se queres máis información ou desexas inscribirte, chámanos aos números 981 17 36 91 – 680 75 30 84 ou envíanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Venres, 10 Decembro 2010 10:01

Noite da luz

O 12 de decembro o padroado da Cultura de Narón celebra a Noite da Luz. Esta actividade, na que participa Aldea nova, consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobor da importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.

O acto consiste nunha comitiva que parte da capela de Sta. Lucía na Feira do 13 en Sedes ata o Monte Esperón, onde se prenden os 12 fachos de 2,5 mtrs de altura dispostos a xeito circular e de outro de 5 , sito no centro do círculo como simbolo das trece parroquias do Concello e do seu compromiso coa defensa do noso patrimonio. Ao seu paso por Aldea Nova, os participantes descansarán a disfrutarán dun caldo galego que lles teremos prepardo.

Venres, 03 Decembro 2010 14:22

Colonias de vacacións de Nadal

23 de decembro ao 10 de xaneiro.

Se tes entre 4 e 12 anos e buscas donde pasar un ou varios días cheos de actividades nestas vacacións de Nadal,  ¡agardámoste en Aldea Nova!

Propiedade do Concello de Narón, as nosas máis de cinco hectáreas inclúen unha área de xogos populares, unha granxa de gando autóctono, unha horta tradicional, unha casa-museo e moitos outros espazos pensados para que goces ao tempo que aprendes.

Non terás que preocuparte da comida. Preparámosche uns menús moi variados e saudables!

Horario: de 8.00 a 17.30. A actividade inclúe un almorzo a media mañá, o xantar e a merenda

Actividade dun día: 20 euros
Actividade de 5 días (de luns a venres): 90 euros

Infórmate no 981173691 (de 08:00 a 15:00 horas)

Prazas limitadas. Grupos de 4 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Consultar dispoñibilidade de autobús.

Xoves, 02 Decembro 2010 09:37

Noite de estrelas en Aldeanova

Sábado 11 de decembro de 2010 19.00 en Aldea Nova: Lagoela s/n, Sedes, Narón.

Aproveita a choiva de estrelas máis importante do ano para divertirte e aprender astronomía: AS XEMÍNIDAS!

  • 19.00 Charla: As estrelas fugaces e outros fenómenos astronómicos.
  • 20.00 Obradoiros: Monta o teu teles! – para aprender a montar un telescopio. ¿Cal é esa constelación? – obradoiro de planisferios celestes.
  • 22.00 Observación de estrelas fugaces, se as nubes nos deixan… Se queres quedar a durmir… temos un acolledor albergue.

Prezo: Actividade: 20 €/persoa. Aloxamento e almorzo: 12 €/persoa. Inscrición (ata o día 9 de decembro): Nos teléfonos 981 17 36 91 – 680 75 30 84 No correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mínimo de participantes: 15 persoas.
No caso de non acadar ese aforo, aprazarase a actividade. Se tes telescopio ou prismáticos, tráeos contigo esta noite!

Luns, 25 Outubro 2010 14:21

Campamento castrexo Aldea Nova

25 a 29 de octubre de 2010

Una semana de intensa actividad marcó el primer campamento castreño de Aldea Nova, al que asistió un buen número de alumnas y alumnos de los colegios de Narón.

Domingo, 24 Outubro 2010 12:48

Celebración da “Feira do Mel”

El pasado 24 de octubre organizamos la celebración de la “Feira da Mel e produtos ecolóxicos”, en la que participaron más de 30 productores de toda Galicia, y que contó con la presencia de cerca de 2.000 visitantes.

Novas

  • Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova
    Xornadas técnicas apícolas en Aldea Nova Datos xerais da actividade: Horario e duración.- De 10 a 14 e de 16 a 20 horas (32 horas).   Programa: Sábado, día 12 de…
    Escrito en Mércores, 11 Abril 2012 11:55
  • III Feria de la maquinaria agrícola
    III Feria de la maquinaria agrícola Fechas: 24 y 25 de marzo de 2012 Localización: Recinto feiral do Trece. Sedes. Narón   Organizan e colaboran: Organiza: Concello de Narón.Colaboran: Concellería de…
    Escrito en Xoves, 22 Marzo 2012 14:31
  • Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas.
    Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Xornada técnica apícola.- Martes, 6 de marzo, as 19 horas. Lugar.- Parque Temático de Desenvolvimiento Rural “ALDEA NOVA” (Sedes – Narón). Tema.- “Guía de boas…
    Escrito en Luns, 27 Febreiro 2012 08:22
  • Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova
    Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas…
    Escrito en Xoves, 15 Decembro 2011 13:30
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión