O campamento estará coordinado por monitores titulados e profesionais cunha ampla experiencia, e desenvolverase en diversas praias próximas a Narón. Algunhas delas cóntanse entre as mellores e máis seguras de Europa para aprender a practicar este deporte.
O aloxamento dos participantes será nas instalacións do Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia. As horas que non pasen na praia dedicaranas a facer sendeirismo, observar a flora e a fauna, traballar nun horto ecolóxico, observar as estrelas e moitas outras actividades.
Quendas dos campamentos
Todas as semanas, de luns a domingo (entrada o luns pola mañá e saída o domingo a mediodía) de verán dende o 20 de xuño ata o 11 de setembro. Os participantes.
Prezos
Prezo por persoa por quenda de 7 días en pensión completa:
- Xuño e setembro: 460 euros
- Xullo e agosto: 578 euros.
Máis información
Podes obter máis información en:
- Pantín Surf Camp: 667215445 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia: 981173691 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo







