Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Xoves, 23 Xuño 2011 08:32

Campamento de surf en Pantín

por  Administrator
Vota este artigo
(0 votos)

O Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia, do Concello de Narón, colabora este verán con Pantín Surf Camp na organización dun campamento de surf para nenos e nenas a partir de 7 anos.

 

O campamento estará coordinado por monitores titulados e profesionais cunha ampla experiencia, e desenvolverase en diversas praias próximas a Narón. Algunhas delas cóntanse entre as mellores e máis seguras de Europa para aprender a practicar este deporte.

O aloxamento dos participantes será nas instalacións do Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia. As horas que non pasen na praia dedicaranas a facer sendeirismo, observar a flora e a fauna, traballar nun horto ecolóxico, observar as estrelas e moitas outras actividades.

Quendas dos campamentos

Todas as semanas, de luns a domingo (entrada o luns pola mañá e saída o domingo a mediodía) de verán dende o 20 de xuño ata o 11 de setembro. Os participantes.

Prezos

Prezo por persoa por quenda de 7 días en pensión completa:

-          Xuño e setembro: 460 euros

-          Xullo e agosto: 578 euros.

Máis información

Podes obter máis información en:

-          Pantín Surf Camp: 667215445 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

-          Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova - Río Xuvia: 981173691 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Descarga o folleto

Última modificación o Luns, 27 Xuño 2011 09:46
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión