Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Luns, 06 Xuño 2011 16:09

Campamentos de verán para nenos e nenas 2011

por  Administrator
Vota este artigo
(0 votos)

Datas: verán 2011 (xuño, xullo e agosto)
Lugar: Aldea Nova
Idades: de 4 a 12 anos

Xa está aquí un ano máis a oferta de actividades para o verán de 2011 nas instalacións de Aldea Nova. A nosa intención é poder ofrecervos a mellor alternativa para pasar o verán nun contorno no que desenvolver actividades lúdicas e educativas coa seguridade de que os rapaces e rapazas están atendidos en todo momento por educadores e monitores con amplia experiencia.

Datas e horarios

Comezamos a semana seguinte ao remate do curso escolar e durante os meses de xullo e agosto.  Cada quenda dura cinco días pero podedes apuntarvos por días soltos ou por semanas enteiras, de luns a venres.
As actividades comezan ás 09:00 horas e rematan as 19:00 h.

Idades

As actividades están pensadas para rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos. Dividiremos en grupos por idades para poder adaptarnos mellor ás necesidades de cada grupo.

Comida

O prezo inclúe a comida, asi como un refrixerio a media mañá e a merenda da tarde. As comidas están realizados, na medida do posible, con produtos procedentes da agricultura ecolóxica e da terra. Os menús serán variados e equilibrados, compostos por dous pratos e feitos na cociña do albergue.

Actividades

Ao longo da xornada os participantes tomarán parte en diferentes actividades relacionadas co medio natural e o contorno etnográfico rural, así como outras de contido máis lúdico: xogos de pistas, talleres de medio ambiente, actividades de horta e animais domésticos, manualidades, xogos populares e tradicionais... En cada quenda plantearemos diferentes propostas, todas elas con gran atractivos para os participantes e con distintas temáticas.

Prezo

Os prezos básicos son os seguintes:
- Prezo por día: 23 €
- Prezo por quenda de cinco días: 100 €
- Prezo por dúas quendas (dez días, de luns a venres): 170 €

Outras opcións

- Cada quenda ten prazas limitadas e só se realizará cando se cubra un grupo mínimo de quince participantes. Os inscritos serán avisados con antelación.
- Posibilidade de autobús no caso de haber un número mínimo de solicitudes que o xustifiquen.
- Existe a posibilidade de quedarse a durmir. Neste caso, o prezo dunha quenda de cinco días é de 350 €.
- Antes de cada quenda haberá unha reunión coas nais/pais nas que se informará polo miúdo das actividades, menús e se resolverán as últimas dúbidas

Se non atopas aquí a túa opción preferida, non dubides en consultarnos por se podemos darte unha alternativa.

Máis información:

Silvia Cebeira
Tel: 981173691 / 680753084
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Última modificación o Mércores, 06 Xullo 2011 09:46

Galería de imaxes

Máis nesta categoría: Campamento de surf en Pantín »
concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión