O concello de Narón organiza dende hai anos diversas actividades relacionadas co mundo rural, abordando temas agrícolas, gandeiros, formación e feiras relacionadas co sector. A través destas accións preténdese que as parroquias rurais do municipio, e aqueles interesados nos temas do campo, aínda que estes non vivan nun ámbito rural, atopen un espazo onde poder formarse, convencidos de que isto reverterá na calidade do ámbito no que todos habitamos. Un espazo inmellorable para realizar este tipo de formación é o Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, que vostede coñeceu, polo menos, nunha anterior formación impartida nestas mesmas instalacións.
CURSO DE PREPARACIÓN E MANTEMENTO DO CHAN EN CULTIVOS AGROFORESTAIS
Datas: 13 ao 17 de xuño e 20, 21 e 22 de xuño. Sábado 25 de xuño, excursión a un lugar de interese onde poder ver en directo aspectos prácticos tratados no curso.
Lugar: Instalacións de Aldea Nova.
Horario: 18 h-21 h. O horario da excursión fixarase na última clase.
Obxectivos:
Mostrar a estrutura viva do chan como base da súa fertilidade e da agricultura sostible.
Mostrar os mecanismos de actuación e os métodos de aplicación dos abonos orgánicos e sintéticos, así como os abonos en verde, expoñendo as similitudes e diferenzas entre eles.
Mostrar a necesidade e os fundamentos da labranza mecánica do chan como ferramenta para mellorar a fertilidade da terra e a súa produción agrícola en calidade e cantidade.
Mostrar os prexuízos que se derivan da labranza intensiva como base principal do cultivo da terra, con especial énfase en resaltar as técnicas e hábitos máis inútiles e prexudiciais.
Mostrar alternativas á labranza en terreos de pequenas dimensións ou pequenas explotacións.
Guión do curso:
O chan como medio vivo. Estrutura íntima do chan. Microorganismos do chan. Importancia da granulometría, da temperatura e do grao de humidade. Capas do chan.
A formación do chan. A degradación e erosión do chan. Utilidade das análises do chan.
Principais nutrientes presentes no chan. Forma de absorción polos vexetais. Principais efectos de cada nutriente.
Tipos de labranzas da terra. Máquinas e apeiros agrícolas. Utilidade e crítica dos distintos tipos de labranzas.
Criterios para a utilización da labranza. A labranza en relación co clima e o grao de humidade da terra. A labranza e a erosión.
Principais hábitos prexudiciais para a conservación e mellora dos chans. O volteo das capas do chan. Apisoado e compactado do chan. Perda da microestrutura do chan. Abuso e compactado co fresador.
Práctica:
Profundidade útil do arado veso.
Profundidade prexudicial do arado veso.
Efectos útiles do subsolador.
Uso correcto do fresador e distintos tipos de uñas no apeiro.
Comprobación de efectos prexudiciais en terras labradas.
Máis información:
Calquera dúbida ou suxestión sobre o curso de labranza, poderá resolvela no seguinte teléfono ou correo electrónico.
- Teléfono: 981173691 (Manuel Martínez Lago)
- correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo







