Destinatarios:
Fotógrafos profesionais e afeccionados, interesados na fotografía da natureza e da paisaxe.
Localización:
Estas xornadas terán lugar en espazos naturais das inmediacións das instalacións de Aldea Nova (noroeste da provincia da Coruña). Polas noites, o traballo de análise das fotos tomadas realizarase nas propias instalacións.
Descrición do taller fotográfico:
Modalidade 1: inclúe aloxamento e manutención. Prezo: 250 €
O aloxamento realizarase nol albergue de Aldea Nova (en cuartos totalmente novos, cuádruplos, con baños e duchas sen saír da área dos cuartos).
Na manutención utilizaranse produtos locais. A dieta, variada, contempla a posibilidade de menús veganos e vexetarianos para os participantes que así o desexen e o comuniquen con anterioridade. Nas xornada de picnic entregarase unha bolsa de almorzo para os participantes.
Modalidade 2: NON inclúe aloxamento nin manutención. Prezo 195 €
PROGRAMA:
VENRES
18:00 Recepción dos participantes e presentación do traballo dos próximos dous días.
20:00 Instalación nas habitacións dos participantes que pasen a noite en Aldea Nova.
21:00 Cea na propia instalación.
22:00 Teórica: A fotografía na primavera. Pase de fotografías tomadas polo relator, con revisión crítica das mesmas.
SÁBADO
07:30 Almorzo e entrega das bolsas de pícnic.
09:30 Saída fotográfica a un espazo natural das inmediacións de Aldea Nova (Parque Natural ou LIC da zona).
14:00 Xantar (pícnic).
15:00 – 19:00 Xornada fotográfica de tarde no mesmo espazo natural da mañá (continuación da formación teórica no campo iniciada pola mañá).
19.00 Regreso ás instalacións de Aldea Nova.
19:30 Preparación das fotografías que se proxectarán para a súa análise.
20:00 – 22:30 Proxección comentada das fotografías seleccionadas.
22:30 Cea.
DOMINGO
07:30 Almorzo
08:00 – 13:00 Saída fotográfica a un espazo natural das inmediacións de Aldea Nova (Parque Natural ou LIC).
14:00 Despedida do taller con xantar en Aldea Nova.
Obxectivos:
A primavera é o momento no que os afeccionados á fotografía comezan a desempoar os seus equipos preparándose para as datas de bonanza que nos acompañarán en adiante. Como sacar o mellor partido ó noso equipo e mellorar a nosa técnica fotográfica son os obxectivos deste obradoiro.
Durante as xornadas de campo, os alumnos poderán gozar dos consellos técnicos de Oriol Alamany, e polas noites, proxectaranse e comentaranse as fotos realizadas durante o día.
Información básica:
Profesor: Oriol Alamany Sesé
Oriol Alamany Sesé (Barcelona, 1958). Estudou Deseño Gráfico na Escola Superior de Disseny Elisava (1980), e traballa como fotógrafo especializado en temas de natureza, patrimonio e viaxes, sendo un dos máis recoñecidos profesionais do país nestes xéneros fotográficos.
A súa obra fotográfica e os seus escritos foron publicados en centos de libros e reportaxes en revistas e xornais. Entre moitas outras publicacións destacan National Geographic, BBC Wildlife, Viajes-National Geographic, Lonely Planet, GEO, Altaïr, Terre Sauvage, Historia-National Geographic, El País, El Periódico o La Vanguardia. Os seus traballos son representados por diversas axencias fotográficas arredor do mundo.
É autor de nove libros, entre eles Fotografiar la Naturaleza, Viajar con tu cámara, y Fotógrafos de la Naturaleza.
Realizou diversas exposicións individuais e colectivas e recibiu diversos premios, os máis recentes, o 1º Premio “Concurso de Fotografía Naturalista” ANG e un 2º Premio e unha Mención Especial do Xurado no “European Wildlife Photograher of the Year”, tendo exercido de Xurado en multitude de certames.
Foi fundador e membro da Xunta Directiva de AEFONA (Asociación Española de Fotógrafos de la Naturaleza), vice-presidente da ONG conservacionista DEPANA, e membro do Patronato do Parque Nacional d’Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
Desde 1985 realiza una continuada labor de divulgación da fotografía de natureza e viaxes tendo impartido máis dun cento de cursos e talleres, actividade na que foi pioneiro en España. Durante catro anos publicou unha columna sobre fotografía de viaxes na revista Altaïr. De 1998 a 2007 realizou un espazo sobre fotografía de viaxes no programa Els viatgers da Gran Anaconda de Catalunya Radio, participou tamén noutros programas de radio e televisión.
No segundo fin de semana do mes de marzo, poderás gozar dos seus consellos no campo e ó final do día, da súa análise das fotografías na aula.
Forma de Pagamento: Os interesados deberán facer un pago de reserva de 100 € na conta número: 2091 0702 85 3040042736. Polo menos, una semana antes da data de realización do curso, deberán abonar o resto do importe na mesma conta corrente. Aqueles que non o fagan, a organización poderá dispor da súa reserva sen devolución do importe adiantado. Os datos que deben figurar no abono do pago serán: Nome e apelidos do alumno e no detalle do pagamento, Taller de fotografía da Natureza. Os gastos da transferencia bancaria serán por conta do alumno.
Prazas: 25
Equipo necesario:
Útiles de aseo, calzado para camiñar e material propio de fotografía.
Contactos:
Silvia Cebeira ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; 680753084)
Manuel Martínez ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; 981173691)
Nota:
Nos primeiros días de marzo achegarase, por correo electrónico, a todos os participantes, o programa definitivo das xornadas (sinalando os espazos naturais nos que se realizarán as xornadas de campo) cos horarios e menús.
Non se contempla a asistencia de acompañantes. Todas as persoas interesadas deberán abonar a inscrición ó completo.
Entregarase diploma de asistencia aos interesados que o soliciten, outorgado polo Concello de Narón, Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. e o CEIDA (Centro de Extensión Universitraria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Información adicional:
Equipamento de Aldea Nova e como chegar:
Organización:







