23 de decembro ao 10 de xaneiro.
Se tes entre 4 e 12 anos e buscas donde pasar un ou varios días cheos de actividades nestas vacacións de Nadal, ¡agardámoste en Aldea Nova!
Propiedade do Concello de Narón, as nosas máis de cinco hectáreas inclúen unha área de xogos populares, unha granxa de gando autóctono, unha horta tradicional, unha casa-museo e moitos outros espazos pensados para que goces ao tempo que aprendes.
Non terás que preocuparte da comida. Preparámosche uns menús moi variados e saudables!
Horario: de 8.00 a 17.30. A actividade inclúe un almorzo a media mañá, o xantar e a merenda
Actividade dun día: 20 euros
Actividade de 5 días (de luns a venres): 90 euros
Infórmate no 981173691 (de 08:00 a 15:00 horas)
Prazas limitadas. Grupos de 4 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Consultar dispoñibilidade de autobús.







