Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea No…

Nadal Interxeneracional 2011 en Aldea Nova

Actividades de Nadal para nenas, nenos, avoas e avós! Todos xuntos! Obxectivo: fomentar as relacións recíprocas de aprendizaxe e as interaccións entre nenos e nenas e...

  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Actualidade

Así é como recolle a noticia La Voz de Galicia:

La Feira do Mel de Narón repite éxito y podría pasar a celebrarse dos veces al año

La Voz de Galicia, 31/10/2011

La décimo primera edición de la Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos celebrada ayer en Narón repitió éxito un año más, según los organizadores. María del Mar Gómez, impulsora de la cita, afirmó que entre 2.000 y 2.500 personas pasaron ayer en algún momento de la jornada por el recinto municipal de O Trece, en la parroquia de Sedes, para adquirir algún producto o interesarse por el sistema de elaboración de la miel.

En la muestra participaron una treintena de productores ecológicos llegados de distintos rincones de la comunidad, aunque los apicultores, tal y como explicó María del Mar Gómez, procedían mayoritariamente de la comarca. «Los productores se fueron muy contentos, porque vendieron mucho y de hecho nos pidieron si podíamos hacer la feria dos veces al año. Lo pensaremos, pero posiblemente sea así», afirmó. Además de la miel, en O Trece se podían adquirir ayer verduras, legumbres, futos, lácteos, huevos, carnes y hasta cosméticos realizados de forma ecológica.

Talleres infantiles

Los más pequeños también pudieron disfrutar de los talleres realizados por los apicultores para enseñarles cómo podían llevar a cabo distintas manualidades con cera.

Como complemento a la feria, el viernes se celebraron unas jornadas para productores de miel.

O Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova acolleu do 16 ao 30 de agosto un Campo de Traballo adicado ao estudo das aves e os seus hábitats. Un total de 20 voluntarias e voluntarios de toda España participaron nesta actividade, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e o Concello de Narón.

Foron obxectivos deste Campo de Traballo estudar tanto os procesos ecolóxicos e biolóxicos de aves migratorias no norte da provincia da Coruña, como o intercambio de experiencias e actuacións sobre conservación do patrimonio natural, así como o desenvolvemento dunha actitude concienciada e participativa cara á solución de problemas ambientais vinculados á preservación da biodiversidade.

Os voluntarios e voluntarias colaboraron en tarefas de identificación e censo de especies de aves acuáticas, terrestres e mariñas en distintos espazos naturais. Tamén en sesións de anelamento científico de aves migratorias, ou de construción de caixas para niños e comedeiros invernais para aves. Noutras xornadas, desenvolveron tarefas ambientais plantando e sementando árbores e arbustos para a alimentación de aves no inverno ou mesmo fabricando unha charca de auga doce.

Estas actividades complementaronse con rutas a pé, deportes, talleres, xogos populares, e excursións a zonas de interese natural, así como con obradoiros de temática ornitolóxica e faunística, que incluiron desde a observación de insectos nocturnos e morcegos ata o achegamento ás especies autóctonas, a apicultura, ou a agricultura ecolóxica.

Máis de 400 persoas participaron o fin de semana do 11 e 12 de xuño na II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática, celebrada en Sedes e organizada polo Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para la Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, coa colaboración das Concellerías de Turismo e Medio Ambiente. A esa cifra hai que sumar os numerosos visitantes que pasaron pola feira e percorreron os stands de diferentes empresas e colectivos.

Entre as actividades organizadas destacaron os dous días de conferencias sobre bionstrucción e enerxías limpas, e os obradoiros de construcción con barro, construcción con palla, radiestesia e cociña con fornos solares, entre outros.

O resultado das enquisas repartidas entre os participantes demostraron unha valoración moi positiva do interés da feira, as súas actividades e a súa organización.

As empresas participantes foron:

Arquitectos Sen Fronteiras - traballos de cooperación en Guatemala.
Casadobe - Estudio arquitectura e aplicadores de Biocell. (hacer sólo una, otra es ponente)
Calpor Argamasas – suministro materiais ecolóxicos e bioconstructores
Casal 18 – turismo ecolóxico
Centro Dharma Ferrol - asesoría en Feng Shui
Depao Bioconstrucción, S.L. – rehabilitación e bioconstrucción.
Finca Laxe productos ecolóxicos - suministrador balas de palla para construcción.
Galicia Geotérmica - instalador enerxías renovables
GSM Servizos - bioconstrucción e permacultura. Recuperación estructuras metálicas
Guido Tomasini - bioconstructor artesano en rehabilitación con barro
Librería Formatos - librería especializada en libros técnicos, exposición de libros de bioaquitectura e enerxías renovables.
Obrabío, S.L. – bioconstrucción e asesoría en Feng Shui
Pintor de Quins – representante de pinturas BIOFA en Galicia
Red de Construcción con Paja
Tömmer Ingeniería y Bioarquitectura de Madera - estructuras de madeira
Vencor Ventanas y Galerías, S.L.- ventanas e galerías de madeira, casas de madeira completas.

O pasado sábado, 4 de xuño, un grupo da Asociación de Veciños do Alto do Castaño colaborou na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Primeiro en tren entre o Alto e o apeadeiro de Pedroso e logo camiñando ata a Área Natural do río Xuvia, os participantes chegaron ata a beira do río. Alí contribuiron a mellorar o seu contorno plantando tres árbores, tres abeleiras e realizando diferentes actividades de educación ambiental. Grazas polo voso esforzo e colaboración.

No último día de maio, as cortes de Aldea Nova recibiron a visita dos máis pequenos do Colexio Santiago Apóstol de Narón. Como case sempre o carneiro Breogán foi un dos protagonistas. Pero neste ocasión tiña competidores: os pequenos cordeiros, entre os que está Pimpa e que se deixan achegar sen problema. Logo continuaron vendo as vacas, os pavos, as galiñas, os cabalos... E logo unha sesión de planetario.

Mércores, 01 Xuño 2011 15:20

Pola beira do Xubia

Aproveitando o bo tempo, alumnos de Educación Secundaria do IES As Telleiras de Narón percorreron as beiras do río Xuvia. Descubriron por que este río e o seu contorno forman parte do espazo natural protexido LIC Xubia-Castro, da Rede Natura europea. O camiño trancurriu entre a Ponte de Xuvia e a área recreativo de Pedroso, pasando por lugares como a Presa do Rei, Gradaille, o río Castro... Un paseo no que descubriron moitas cousas novas grazas aos guías de Aldea Nova.

50 alumnos de 3 a 5 anos do colexio Monte Caxado das Pontes descubriron un mundo arredor do pan. Na área recreativa natural do río Xuvia Susana amosoulles como se fai o pan, a partir da fariña. Viron por dentro o muíño de Pedroso e aprenderon con Silvia como funciona: as canles, as moas, as moegas... E aínda tiveron tempo de xogar con María, xogos de natureza e medio ambiente a carón do río Xuvia, un espazo natural protexido.

Corenta pequenos de 3 anos do colexio Isidro Parga Pondal, de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña) atrevéronse coas actividades propostas polos educadores de Aldea Nova. Percorreron as súas instalacións, con especial interese nas cortes e no apiario, no que probaron os traxes de apicultor. Remataron cun taller de comida no que elaboraron as súas propias brochetas de froita. Que boa pinta! Grazas chicos e profes pola vosa visita.

Datas: 11 e 12 de xuño de 2001
Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes, Narón)

Na primavera Aldea Nova non ten descanso. O pasado xoves, cinco de maio, visitounos o colexio Compañía de María de Ferrol. Ademais de visitar todas as nosas instalacións, detivéronse a recoller plantas aromáticas coas que facer saquiños de olores naturais que levaron para o seu colexio. Coa axuda dos monitores, aprenderon o xeito tradicional de amasar e cocer o pan no forno do alpendre. Motias grazas aos profesores e aos rapaces polas sensacións que nos deixaron.

El Diario de Ferrol se ha hecho eco de la celebración de la Ecoescola de Semana Santa en Aldea Nova con la siguiente noticia:

A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) celebrou en Narón a inauguración das áreas de servizo.

El pasado 22 de marzo un equipo de la Televisión de Galicia, del programa O Agro, se desplazó hasta Aldea Nova para grabar el reportaje que podéis ver aquí.

O obradoiro tivo lugar nas instalacións de Aldea Nova, así como en espazos naturais cercanos, aos que os participantes se desprazaron para aplicar as técnicas aprendidas

Oriol Alamany, un dos máis prestixiosos fotógrafos da natureza do noso país, foi o encargado de impartir este primeiro obradoiro de fotografía da natureza. Durante os días 11, 12 e 13 de marzo os participantes alternaron sesións teóricas e prácticas sobre equipos e materiais, técnicas de fotografía, retoque básico de imaxes, etc. Un dos lugares escollidos para a práctica foi o contorno do faro de Punta Frouxeira (Valdoviño). De regreso en Aldea Nova, en cada sesión compartiuse a experiencia vivida, fixéronse axustes ás fotografías e comentáronse os resultados.

O fin de semana do 12 e 13 de marzo celebrouse no recinto feiral do Trece (Sedes, Narón) a II Feira da mauinaria agrícola e árbores froiteiras e ornamentais.

Luns, 14 Marzo 2011 10:53

Concluíu a Ecoescola de Entroido

Durante os tres días de vacacións escolares de Entroido, dezaséis rapaces e rapazas do concello de Narón participaron na ecoeslada de Aldea Nova.

O planetario móbil de Aldea Nova segue visitando diferentes centros educativos do Concello de Narón. Na última semana de febreiro os educadores desplazáronse ata o CEIP A Gándara. Alumnos de infantil atenderon e participaron das explicacións dos nosos monitores.

O pasado 2 de xaneiro o diario "El País" adicou unha páxina enteira a Aldea Nova

Ofrécese un segundo turno, do 3 ó 5 de xaneiro. As inscripcións poden realizarse no Concello ata o 27 de decembro.

Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Ensino e Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, informou hoxe da ampliación do programa Ecoescola ós primeiros días do ano 2011. Inicialmente, o Concello de Narón tiña convocado este programa de actividades medioambientais en Aldea Nova do 27 ó 30 de decembro de 2010, pero ante a existencia de prazas libres decidiuse amplialo ós días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2011.

Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro. O programa Ecoescola está dirixido a familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas en períodos de vacacións escolares do Nadal.

O prezo do programa é de 15 euros, e inclúe o xantar e o desprazamento ó parque temático integral do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Existen unha serie de prazas reservadas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún.

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura, o que lles permitirá adquirir novos coñecementos de xeito divertido.

Relación de actividades incluídas na Ecoescola do Nadal 2010:

  • Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas)
  • Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñas na cociña solar, facer motores…)
  • Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…)
  • Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e obradoiros de pegadas dos animais)
  • Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)
  • Supervivencia (saber orientarse no medio físico)
  • Cometas (aprender a facer cometas)
  • Gandeiría (coñecemento e coidado dos animais de granxa)
  • Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo)
  • Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)
  • Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques…)
  • Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)
  • Candeas (realizar velas con paneis de abellas) .Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)

15 profesionais obtiveron o “Carné de Manipulador de Alimentos” no curso organizado a semana pasada por Aldea Nova, e impartido por unha entidad de formación autorizada.

O concellal de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, anunciou o 21 de decembro que o Concello prevé inaugurar a próxima primaveira o edificio de aulas do parque temático de Aldea Nova.

As obras se materializarán con cargo a unha axuda procedente do Plan Feder, completada gracias a unha partida da administración local. A inversión prevista supera os 646.000 euros. En Aldea Nova poden verse xa os cimentos deste edificio de aulas. A súa estructura levantarase nos próximos días, tal e como indicou o edil de Urbanismo.

Ramos aludiu á importancia de finalizar os traballos a principios da próxima primaveira, por ser a época do ano na que as instalacións rexistran unha maior afluencia de público, según indicou.

As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron hoxe en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana en Aldea Nova.

O programa Ecoescola desenvolverase do 27 ó 30 de decembro no parque temático Aldea Nova. Este programa está pensado para familias “que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos neste periodo de vacacións escolares”, sinalou Mª del Carmen Espada, responsable do mesmo.

Os destinatarios son nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade, e as solicitudes poderán presentarse no Concello de Narón ata mañá dia 18 de decembro. O prezo do programa é de 15€ e inclúe xantar e desprazamento ata Aldea Nova. O Concello oferta un total de 60 prazas (estando reservadas 10 delas para nenas e nenos do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún).

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas “realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura” tal e como indicou a Concelleira de Infancia e Igualdade, Mª del Carmen Espada.

O edil de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou o pasado 16 de decembro a nova imaxe corporativa e páxina web do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova. A noticia foi recollida por diversos medios informativos. Por exemplo:

La voz de Galicia

Diario de Ferrol

Xornal de Galicia

Venres, 10 Decembro 2010 10:01

Noite da luz

O 12 de decembro o padroado da Cultura de Narón celebra a Noite da Luz. Esta actividade, na que participa Aldea nova, consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobor da importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.

O acto consiste nunha comitiva que parte da capela de Sta. Lucía na Feira do 13 en Sedes ata o Monte Esperón, onde se prenden os 12 fachos de 2,5 mtrs de altura dispostos a xeito circular e de outro de 5 , sito no centro do círculo como simbolo das trece parroquias do Concello e do seu compromiso coa defensa do noso patrimonio. Ao seu paso por Aldea Nova, os participantes descansarán a disfrutarán dun caldo galego que lles teremos prepardo.

Luns, 25 Outubro 2010 14:21

Campamento castrexo Aldea Nova

25 a 29 de octubre de 2010

Una semana de intensa actividad marcó el primer campamento castreño de Aldea Nova, al que asistió un buen número de alumnas y alumnos de los colegios de Narón.

Domingo, 24 Outubro 2010 12:48

Celebración da “Feira do Mel”

El pasado 24 de octubre organizamos la celebración de la “Feira da Mel e produtos ecolóxicos”, en la que participaron más de 30 productores de toda Galicia, y que contó con la presencia de cerca de 2.000 visitantes.

concelloNaron terranova agader ministerio cee
Concellaría de Medio Ambiente
Servizo Sociocomunitario
Empresa concesionaria da xestión